Evento: Exposición 'Mar de libros. Homenaxe á Xeración Nós'

Exposición 'Mar de libros. Homenaxe á Xeración Nós'
xoves, 15 outubro, 2020 a domingo, 6 decembro, 2020
Museo do Pobo Galego
, Santiago de Compostela

Exposición 'Mar de libros. Homenaxe á Xeración Nós'

Forma parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia súmase á homenaxe ao Centenario da Xeración Nós, coa colaboración do Museo do Pobo Galego, a través da mostra 'Mar de libros', de Isabel Pintado, que se exhibe en San Domingos de Bonaval ata o vindeiro 6 de decembro.

A exposición, comisariada por Antón Castro, concédelle un protagonismo especial á pintura, cunha selección de obras onde o libro é o centro dos cadros que forman parte dos fondos da artista, así como de coleccións particulares de Galicia, Madrid e Portugal, entroutras procedencias.

'Mar de libros' conta cunha sección de libros intervidos. Ademais, o traballo plástico arredor do libro enténdese como unha combinación entre pintura e literatura; un diálogo entre o escritor e a artista que se enriquece coa suma das partes, de xeito que cada un dos exemplares intervidos convértense en pezas artísticas únicas, ligadas ás propias composicións poéticas e literarias. Outra sección da mostra é a referida aos libros de artista, exemplares únicos que manteñen unha interconexión co resto dos exemplares intervidos.

Isabel Pintado
A autora, Isabel Pintado, é licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. Reside en Galicia desde o ano 1991. Foi profesora de Debuxo no INB Gregorio Marañón de Madrid, de Expresión Gráfica no Centro Español de Novas Profesións e de Talleres de Arte na Escola Ocupacional da Universidade da Coruña. Impartiu cursos de arte na Universidade Internacional Menéndez Pelayo, na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, no Museo de Arte Contemporánea Unión-Fenosa (MACUF) e no Museo de Belas Artes da Coruña. Así mesmo, realiza talleres de pintura en seda, gravado calcográfico, técnicas aditivas e libros de artista.

Máis eventos de tipo Exposición

Cartel Crecer co mar
Crecer co mar. Os gozos e as sombras dunha vila mariñeira
6 de agosto a 30 de decembro
Museo Massó
Carlos Maside. [Patrimonio de Galicia]
23 de xaneiro a 31 de decembro
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Carlos Maside. [Patrimonio de Galicia]
23 de xaneiro a 31 de decembro
Fundación Eugenio Granell
Do paínzo ao millo: os mil grans
15 de febreiro a 31 de decembro
Museo Liste Vigo