Evento: Ciclo familiar ‘Domingos de cinema e emocións’: 'Le Havre'

Ciclo familiar ‘Domingos de cinema e emocións’: 'Le Havre'
domingo, 25 outubro, 2020 - 17:00
Cidade da Cultura de Galicia,
Santiago de Compostela

Ciclo familiar ‘Domingos de cinema e emocións’: 'Le Havre'

No marco da exposición 'Cinema e emocións'

Marcel Marx, famoso escritor bohemio, exiliouse voluntariamente e estableceuse na cidade portuaria de Lle  Havre (Francia), onde vive satisfeito traballando como limpabotas, porque así se sente máis preto da xente. Tras renunciar ás súas ambicións literarias, a súa vida desenvólvese sen sobresaltos entre o bar da esquina, o seu traballo e a súa muller  Arletty. Mais cando se cruza no seu camiño un neno negro inmigrante, terá que loitar contra os fríos e cegos mecanismos do Estado.

 

Efémero cinema de outono
A Xunta de Galicia converterá a Cidade da Cultura nun efémero cinema de outono para proxectar as tardes dos domingos 18 e 25 de outubro e 1 e 8 de novembro un pequeno ciclo familiar cos filmes ‘Inside out’ (18/10), ‘Le Havre’ (25/10), ‘Ma vie de courgette’ (01/11) e ‘Persépolis’ (08/11), fitas que forman parte do amplo percorrido cinematógrafico da exposición Cinema e emocións. Unha viaxe á infancia do Museo Centro Gaiás.

A mostra –organizada por La Cinémathèque française e a Fundación "La Caixa" en colaboración coa Xunta de Galicia no marco do Xacobeo 2021– pon en valor o papel que ten a sétima arte no desenvolvemento persoal durante a nenez, a través dunha viaxe por filmes de diferentes épocas que marcaron tamén a diferentes xeracións.

  • Le Havre

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Gaudi (Cataluña)- Neutra(Austria) - Barragán (México)
14 de outubro
Biblioteca Nodal de Pontevedra