Evento: Ciclo familiar ‘Domingos de cinema e emocións’: 'Inside Out'

Ciclo familiar ‘Domingos de cinema e emocións’: 'Inside Out'
domingo, 18 outubro, 2020 - 17:00
Cidade da Cultura de Galicia
, Santiago de Compostela

Ciclo familiar ‘Domingos de cinema e emocións’: 'Inside Out'

No marco da exposición 'Cinema e emocións'

Riley é unha rapaza que goza e padece toda clase de sentimentos. Aínda que a súa vida está marcada pola Alegría, tamén vese afectada por outro tipo de emocións.  O que Riley non entende moi ben é por que motivo ten que existir a Tristeza na súa vida. Unha serie de acontecementos fan que Alegría e Tristeza mestúranse nunha perigosa aventura que dará un cambio ao mundo de Riley.

"Medramos cara á infancia". O feliz designio de Juan Marsé ben pode guiar o espírito da exposición Cinema e emocións, que a través dun percorrido cinematográfico ten a maxia de facernos revivir aquelas emocións que experimentamos por vez primeira durante a nenez e que recoñecemos con especial intensidade en certas películas, que desde a Cidade da Cultura vos convidamos a volver ver ou ter a sorte de descubrilas nun Gaiás convertido en cinema!

Unhas tardes de domingo  [17 horas] ao acubillo de filmes inesquecibles, que o serán aínda máis acompañados/as da cativada, capaces de recuperar para vós esas lecturas, olladas e perspectivas que todas e todos perdemos nese  tránsito cara a vida adulta. Vinde ao noso cinema de outono para gozar xunt@s desta carteleira para todos os públicos!

 

Efémero cinema de outono
A Xunta de Galicia converterá a Cidade da Cultura nun efémero cinema de outono para proxectar as tardes dos domingos 18 e 25 de outubro e 1 e 8 de novembro un pequeno ciclo familiar cos filmes ‘Inside out’ (18/10), ‘Le Havre’ (25/10), ‘Ma vie de courgette’ (01/11) e ‘Persépolis’ (08/11), fitas que forman parte do amplo percorrido cinematógrafico da exposición Cinema e emocións. Unha viaxe á infancia do Museo Centro Gaiás.

A mostra –organizada por La Cinémathèque française e a Fundación "La Caixa" en colaboración coa Xunta de Galicia no marco do Xacobeo 2021– pon en valor o papel que ten a sétima arte no desenvolvemento persoal durante a nenez, a través dunha viaxe por filmes de diferentes épocas que marcaron tamén a diferentes xeracións.

  • Inside Out

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Diego Maradona
1 de decembro
cinema Numax
Overseas
1 de decembro
Centro Ágora
Cavalo Dinheiro / Cabalo diñeiro
1 de decembro
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Forza bruta
1 de decembro
cinema Numax