Evento: Trío detrés- Máis Ritmo

Trío detrés- Máis Ritmo
martes, 28 xuño, 2022 - 18:00
Alameda de Raxoi,
Pontedeume

Trío detrés- Máis Ritmo

Espectáculo a cargo da compañía Máis Ritmo.

Temas propios, versións de cancións populares, divertidos arranxos para un programa que transita por todos os estilos: latino, clásico, jazz, swing, bandas sonoras… Unha sucesión de situacións cheas de humor, de improvisación, de solucións disparatadas, pero sempre acompañadas pola mellor música. Unha nova produción con ritmo, máis ritmo, que fará gozar, bailar e rir ao público.

Félix Rodríguez, Olivier Cano e Óscar Prieto son Trío Detrés, unha nova formación cómica que pretende encher os teatros e as rúas de música, humor e moito, moito ritmo. Tres músicos de ampla e variada traxectoria (Píscore, Trío Refugallo, A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, Brigadiers, Odaiko…) que volven unir forzas e talentos neste novo proxecto.

  • Culturactiva S. Coop. Galega
Outras datas

Máis eventos de tipo Espectáculo

Ghop, Teatro ao Cubo
9 de agosto
Campo de Revelar (A Boliña)
A eira do Paporrubio
10 de agosto
Boiro
As Armadanzas
12 de agosto
Área Recreativa da Veiga