Evento: 25º Festival Internacional Galicreques

  • A Xunta promove o teatro de títeres co seu apoio á celebración do Festival Galicreques de Santiago de Compostela
25º Festival Internacional Galicreques
sábado, 10 outubro, 2020 a domingo, 18 outubro, 2020
Varios espazos,
Santiago de Compostela

25º Festival Internacional Galicreques

Presenta unha carteleira de 40 funcións a cargo de 20 compañías, cunha programación escolar gratuíta en liña

O Festival Internacional Galicreques desenvolve en Santiago de Compostela do 10 ao 18 de outubro a edición coa que celebra o seu 25º aniversario, para a que continúa a contar coa apoio da Xunta de Galicia no obxectivo de promoción e dignificación do teatro de bonecos para todos os públicos. Organizado pola Asociación Barriga Verde, o encontro deste ano chega marcado pola situación sanitaria, pero mantén o seu compromiso co xénero a través da participación de 20 compañías e de novas actividades escolares en liña.

Así, o evento ofrecerá ao longo de nove intensas xornadas máis de 40 funcións cun programa a cargo de formacións maioritariamente galegas, pero cunha importante presenza de compañías chegadas de Valencia, Andalucía, Euskadi, Salamanca ou Aragón. Ademais, o carácter internacional está garantido con artistas procedentes de Brasil, México, Portugal e Arxentina. Os espectáculos previstos, que amosarán a variedade de técnicas e estilos do teatro de monicreques, atoparanse co público en emprazamentos ao aire libre de xeito preferente.

Programa escolar
Un dos piares fundamentais do Galicreques ficará en suspenso nesta edición por mor da situación sanitaria e adaptarase ás presentes circunstancias: a carteleira concertada para público escolar. Neste 25 aniversario, aínda que non de xeito presencial, o festival manterá o vínculo coa comunidade educativa a través da posta a disposición dos centros dunha programación en liña e de carácter gratuíto.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Unha de piratas
22 de abril
Biblioteca Central Emilia Pardo Bazán
Cueiros de cores
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Ponteceso
Ondamini con Mamá Cabra
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal das Pontes de García Rodríguez
O traxe novo do rei
24 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Baiona