Evento: Dakidarría

Dakidarría
domingo, 15 agosto, 2021 - 20:30
SalaSon,
Cangas

Dakidarría

Concerto de ska reggae e punk-rock.

A banda Dakidarría presentará o seu novo Ep «Filosofía incendiaria«, ademais de facer un repaso pola súa extensa discografía de máis de 18 anos de vida.

A banda fórmana sete músicos que fusionan ska reggae e punk-rock, apostando pola enerxía e a festa encima e debaixo do escenario. Cancións repletas de alegría, rebeldía e enerxía positiva coa nova vira Filosofía incendiaria Tour.

As cancións de Dakidarría son sempre sorprendentes pola súa capacidade de pasar do ska aos ritmos urbanos ou do reggae ao punk de forma completamente natural. A súa mestura de estilos garante unha descarga de festa nos seus concertos, que non evita que salgamos deles escoitando unha mensaxe rebelde e de loita, que ás veces nos transmite a rabia contra as inxustizas e ás veces o bo rolo máis sincero.

  • DAKIDARRÍA "Terra" - Videoclip oficial

Máis eventos de tipo Concerto

Ecoralia a lambona ecolóxica
22 de xullo
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
A banda dos insectos
A Banda dos Insectos
22 de xullo
Sala Bahía
Concerto
22 de xullo
Área Recreativa O Bañadoiro
A raíz do pensamento
24 de xullo
Praza da Igrexa