Evento: Todas as marabillas do mundo

Todas as marabillas do mundo
domingo, 22 novembro, 2020 - 18:30
Vimianzo,
Vimianzo

Todas as marabillas do mundo

Espectáculo a cargo de Producións Dispersas

Producións Dispersas ten o pracer de presentar o seu próximo espectáculo familiar que será  estreado o 20 de outubro no Auditorio Municipal de Ourense.
Protagonizado por Diego Freire e Beatriz Bravo. Todas as marabillas do mundo preséntanos a un personaxe fascinado pola beleza do mundo e as súas marabillas. Un personaxe que desexa máis que nada coñecer e gozar de todas as cousas fermosas que o noso planeta regálanos. Un día descobre que as marabillas son tantas e o mundo é tan grande que non tería nin o tempo nin os cartiños para poder gozar de toda esa fermosura. Así que sente unha tremenda frustración. Deberá aprender a convivir coa ela! Durante esa aprendizaxe tamén descubrirá que ten moitas emocións no seu interior e que  as veces é unha lea levar ben con todo o que vive na súa cabeza. O sentido común, o aburrimento, a vergoña, a alegría, a tristeza, a ira, a paz interior, entre outras emocións serán personaxes do espectáculo.

O texto trata de achegar ao público, desde unha perspectiva lúdica a importancia de coñecer, identificar e convivir co seu sentimentos, facendo especial énfase na xestión da frustración. A música, a interacción co público e un sinxela pero coidada estética (que xoga coa cor, a luz e as sombras e a natureza) son parte fundamental da proposta.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A falsa autónoma
12 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Caderno de cores e cancións
22 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cartel Monólogo Padre de Familia
PADRE DE FAMILIA. COSAS DE CASA
22 de novembro
TEATRO COMPOSTELA (ANTIGO LA SALLE)
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés