Evento: No país do vento

No país do vento
venres, 11 marzo, 2022 - 19:00
Teatro Municipal,
Vigo

No país do vento

Espectáculo musical infantil.

No País do Vento nada queda quieto: os pés bailan, as saias xiran, as xentes brincan e moitas melodías e algunhas pequenas historias van buscando orellas que escoiten e labios que as cantaruxen para seguir vivas ao lombo das brisas e dos furacáns. Moitos son os personaxes que habitan este país de asubíos e airexas: unha científica incorrixible e algo poeta que chegou  a explorar o País do vento; noivas, donas, magas bruxas e tolas, mulleres magníficas todas, que bailan unha canción tradicional deste país de brisas; unha familia de papaventos que é feliz buscando países imaxinarios que visitar; un corazón que viaxa nunha cáscara de noz; unha xirafa que quería ser araña e unha araña que quería ser xirafa; o Pato Simón; unhas pitas refuxiadas, un reloxo que no canto de dar horas, dá risa … 

E así, con moitas ganas de bailar e de gozar, vaise esgallando aos pouquiños este espectáculo.

Charo Pita  voz, textos e música

María Faltri  voz, percusións e arranxos vocais

Jorge Juncal  acordeón, teclado, arranxos e produción musical

Javier Fernández  Batería, percusións e arranxos musicais

Juansy Santomé Contrabaixo, baixo eléctrico

  • No pais do vento_ Charo Pita_Vídeo promo

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Extra!
4 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia