Evento: 13º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBueu)

  • A Xunta apoia a nova edición adaptada do FICBueu no marco da súa liña anual de subvencións a festivais audiovisuais
  • A Xunta apoia a nova edición adaptada do FICBueu no marco da súa liña anual de subvencións a festivais audiovisuais
13º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBueu)
venres, 11 setembro, 2020 a sábado, 19 setembro, 2020
Centro Social do Mar ,
Bueu

13º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBueu)

Nova edición deste espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curta

O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBueu) celebra a súa décimo terceira edición, que terá lugar do 11 ao 19 de setembro cun programa adaptado ao actual contexto sanitario pero sen renunciar á difusión de máis dun cento de curtametraxes de múltiples estilos e procedencias e á organización doutras moitas actividades arredor deste formato audiovisual. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, subvenciona o certame través da convocatoria anual de subvencións para este tipo de eventos.

O FICBueu dará comezo este venres 11 de setembro cun monólogo a cargo de Manuel Manquiña, ao que seguirán oito días de proxeccións, encontros profesionais e artísticos, música, sesións de exhibición de títulos realizados polos centros de ensino e presentacións.

Entre estas últimas, destacan as que dedicarán a explicar a rodaxe da película 'Ons', ou ao primeiro número da colección editorial cadernos do FICBueu, un monográfico sobre a Nouvelle Vague que conta tamén coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

 

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Sleepless Nights
27 de xaneiro
Filmoteca de Galicia
Las cosas que decimos, las cosas que hacemos
27 de xaneiro
Filmoteca de Galicia
Las cosas que decimos, las cosas que hacemos
28 de xaneiro
Filmoteca de Galicia
The Last Man
28 de xaneiro
Filmoteca de Galicia