Evento: Fisterra Blues Experience

Fisterra Blues Experience
venres, 11 setembro, 2020 a domingo, 13 setembro, 2020
Castillo de San Carlos,
Fisterra

Fisterra Blues Experience

Festival de música blues.

Fisterra Blues Experience. Un festival que é máis que un festival. É unha experiencia que nos traerá o son do Atlántico, o Blues. Un evento para un territorio no que a paisaxe, a natureza, o patrimonio e a gastronomía se unen á música cun cartel no que se mesturan artistas internacionais e locais, con obradoiros para toda a familia, viaxes en barco e moito máis.

Un festival que é máis que un festival. É unha experiencia que nos trae o son do Atlántico, o Blues. Fisterra é a fin da terra, a fin do camiño, o encontro coa inmensidade do oceáno. Un lugar onde se sinte doutra maneira, o lugar perfecto para o blues.

Porque hai unha conexión entre aqueles campos de traballo onde a xente escrava cantaba para levar mellor as súas vidas, como aquí as galegas o facían na sega, no mar ou na moenda. O pobo galego ten, polo tanto, alma de blues. 

Xa o cantaba Ataque Escampe: “Respect yourself, galegos de Alabama”. Un pobo bañado por un océano que nos une co mundo, porque se cambiamos a perspectiva, Fisterra non é a fin da terra, é o centro do mar, e nós xa non somos periferia. E o camiño non remata senón que comeza aquí.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos