Evento: O Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago
xoves, 17 setembro, 2020 - 12:00
Colexio Tino Grandío,
Guntín

O Camiño de Santiago

Espectáculo en pequeno formato que combina teatro de rúa, teatro de actor, música, monicreques e corpóreos.

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 ofrece esta produción de Educateatro que conta a historia de Santiago e Mariña, dous irmáns que non xogan xuntos... ata que aprenden a facelo.

Como cada noite, Santiago emprende o seu camiño acompañado de Branco, o seu cabalo inseparable. O que non espera é que hoxe se atopará no seu soño con Mariña e a súa gatiña Lupe. Vivirán aventuras e cantarán cancións para chegar ao Castelo Máxico (A Catedral de Santiago), onde atoparán o tesouro escondido.

Nesta viaxe, os personaxes dos seus contos cobrarán vida. Cando acabe a súa aventura e a viaxe remate, os irmáns espertarán cambiados, unidos e, finalmente, xuntos.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Historias viaxeiras: máquinas e obxectos de papel
17 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Vila - Proceso Aberto
17 de outubro
Salón Teatro
os fabulosos cleaners
Os fabulosos cleaners
18 de outubro
Auditorio Municipal de Goián
De ida e volta
23 de outubro
Casa da Cultura Ramón Martínez López