Evento: Obradoiro de novela da Cidade da Cultura: O estilo

Obradoiro de novela da Cidade da Cultura: O estilo
venres, 18 setembro, 2020 - 17:30
Biblioteca e Arquivo de Galicia,
Santiago de Compostela

Obradoiro de novela da Cidade da Cultura: O estilo

Obradoiro impartido por Arantza Portabales

Arantza Portabales. Autora do libro de microrrelatos A Celeste la compré en un rastrillo, e das novelas Sobrevivindo, coa que gañou o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia, e Deixe a súa mensaxe despois do sinal (traducida ao castelán, italiano, alemán e hebreo, e levada ao teatro pola compañía Tanttaka) e Beleza vermella (traducida ao castelán e ao italiano)

Escribir é arte e tamén oficio. Require de vontade e de talento, pero tamén de ferramentas que poden ser aprendidas. Enfrontarse á páxina en branco –ou hoxe en día máis ben á pantalla– énchenos de preguntas: como creo personaxes interesantes? Desde que punto de vista conto a miña historia? Estou sendo artificioso nos diálogos? Aburrirei o lector/lectora? Que fago coa novela cando estea rematada?

Tras o éxito da primeira edición do Obradoiro de Novela da Cidade da Cultura (no que se cubriron todas as prazas en cinco días) reeditamos a experiencia cunha nova actividade formativa que se prolongará arredor de catro meses.

Neste curso aprenderedes a dar resposta a todas estas cuestións da man de escritores e escritoras galegas de éxito e co apoio dunha axencia literaria profesional, Rolling Words, que brindará a súa experiencia no mundo da edición.

O obradoiro estrutúrase en dúas partes, unha teórica e outra práctica. A parte teórica consistirá en 9 clases maxistrais que teñen lugar os venres. As clases comezaron o 6 de marzo e, tras verse na obriga da súa suspensión pola covid-19, retómanse do 4 de setembro ao 23 de outubro, de 17:00 a 19:30 horas na Biblioteca e Arquivo de Galicia. Cada unha porá o foco nun aspecto concreto da creación literaria e será impartida por autores e autoras especialistas no tema.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiro de encadernación belga
21 de outubro a 23 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
“Estudar é + doado se sabes COMO” (5ª Sesión)
24 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Papalibros
24 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Técnicas gráficas para relatar memorias
25 de outubro
Museo do Castro de Viladonga