Evento: Introducción á Neurotecnoloxía en Galicia

Introducción á Neurotecnoloxía en Galicia
martes, 8 setembro, 2020 - 19:00
Evento online,
Santiago de Compostela

Introducción á Neurotecnoloxía en Galicia

Charla para a divulgación de Neurotecnología.

O martes día 8 de setembro do 2020 realizaremos o primeiro evento para presentar o chapter de Galicia de NeuroTechX: unha organización internacional para a divulgación de Neurotecnología.

Pretendemos consolidar unha comunidade na cal o nexo de unión sexa a Neurotecnología, é dicir, o campo de estudo que aúna Medicina, Psicoloxía e Tecnoloxía. Este grupo está orientado a calquera persoa entusiasta ou que senta curiosidade sobre esta temática particular, así como para profesionais do sector da saúde (psicólogos, neurólogos, psiquiatras, ), persoas do sector tecnolóxico (programadores, makers, startups, ) e/ou estudantes.

Na charla faremos unha introdución sobre todo o que engloba a Neurotecnología repasando conceptos de Psicoloxía, Neurociencia, Tecnoloxía e os desafíos éticos que os avances nos devanditos campos conlevan. A presentación durará aproximadamente unha hora tras a cal deixaremos un tempo para conversar e contestar preguntas cos/as participantes.

O obxectivo tamén é explicar as nosas metas e actividades dentro de NeuroTechX para todas as persoas entusiastas nestes campos que queiran unirse a esta comunidade.

O evento realizarase online, en breve anunciaremos as ligazóns para participar.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Toponimízate 2026
15 de maio
Escolas Vellas
Toponimízate 2026
29 de maio
Casa da Cultura
Toponimízate 2026
5 de xuño
Salón azul do Arquivo de Betanzos