Evento: Mofa&Befa. Dúas pedras no Camiño

Mofa&Befa. Dúas pedras no Camiño
venres, 2 outubro, 2020 - 21:30
Sala Ártika
, Vigo

Mofa&Befa. Dúas pedras no Camiño

Espectáculo de teatro da man da compañía Avento Produccións.

Dúas pedras no Camiño é un titulo xenérico para un espectáculo antolóxico das pezas míticas que se manteñen na memoria do público: “Aquela obra que viche coa tua nai, agora podes levar ao teu neto” Ao longo da xira poden mudar algunha das pezas a requerimento do público ou dos contextos que aporte o lugar ou o tempo da representación.

Sen dúbida, comezará con número titulado: “Os 33 reiseñores da Porqueira” que é o prólogo ideal para calquera evento e un dos números mais sutís e celebrados do dueto. Atrás deste virán os números culinarios, de homenaxe ás grandes figuras do cinema, a escritores inmorredoiros, ou as parodias do circo. O título, “Dúas pedras no Camiño” xoga coas alusións á música popular e a sua filosofía, que nos lembra que unha pedra no camiño pode ser algo que nos ensine e nos transforme, ainda que tamén lembra á función dos cómicos de seren unha pedra no zapato... en fin, rolar e rolar!

Outras datas

Máis eventos de tipo Espectáculo

-abono-teatro-tp-ourense-segundo-semestre-2020.jpg
Abono Teatro TP Ourense Segundo Semestre 2020
1 de setembro a 31 de decembro
​Teatro Principal de Ourense
A verdadeira historia de Hamelin
23 de outubro
Biblioteca Municipal
Isi
23 de outubro
Auditorio Edificio Multiusos
Saaabor!
23 de outubro
Centro Sociocultural Luís Seoane