Evento: Compostela Photo

Compostela Photo
mércores, 1 xullo, 2020 a xoves, 1 xullo, 2021
Varios espacios,
Santiago de Compostela

Compostela Photo

Exposición fotográfica ao aire libre.

Compostela Photo é un Festival Urbano de Fotografía que se desenvolve na contorna urbana do Ensanche compostelán dentro da programación ?Ou teu Xacobeo? da Xunta de Galicia, cun formato expositivo moi singular que convida o paseante a descubrir as obras de 15 creadores contemporáneos nos portóns doutros tantos garaxes.

Esta mostra de fotografía en gran formato cuxa temática xira ao redor dos diferentes valores simbólicos que envolven ao Camiño de Santiago, interpretados a través da mirada dos seus autores, vai complementar cunha programación que incluirá visitas guiadas, percorridos fotográficos pola cidade e polo Camiño, un certame de fotografía aberto á participación de profesionais e afeccionados, unha exposición en liña, intervencións en diferente mobiliario urbano e moito máis para que tanto os veciños de Compostela como os visitantes e peregrinos poidan gozar da cidade a través da fotografía contemporánea.

Máis eventos de tipo Exposición

Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Siro
30 de xaneiro a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés