Evento: Arosa Bay

Arosa Bay
sábado, 15 agosto, 2020 - 23:00
Parque da Xunqueira,
Vilagarcía de Arousa

Arosa Bay

Concerto de acordeóns a cargo da banda vilargarciana.

O grupo vilagarcián Arousa Bay presentará este sábado en sociedade o seu segundo disco que leva por título "O teu corpo bolero". Tras o gran éxito de crítica de "Tal como soa", o seu primeiro traballo en estudo, o grupo liderado por Alfonso Galbán traballou nos últimos meses nunha nova compilación de versións de boleros, baladas, cancións mexicanas e portuguesas.

O propio Alfonso Galbán referiuse a este novo traballo como "máis elaborado que o primeiro. Quixemos mellorar e esixirnos máis para que o resultado sexa aínda mellor que o primeiro". Os estudos KSF da Illa foron o lugar onde se gravaron estes quince temas, "botamos moitas horas alí, pero cremos que o resultado vai gustar a todo o mundo. Ademais decidimos gravar novamente na Illa polo trato recibido e para reivindicar o noso. Non fai falta irse a Londres para gravar un disco bo".

Este traballo conta ademais coa colaboración estelar de María do Ceo. A cantante portuguesa canta neste traballo o tema que dá nome ao disco "O teu corpo bolero". A relación de amizade cos membros de Arousa Bay animou á recoñecida intérprete lusa a participar na gravación. Por cuestións de axenda, a propia María de Ceo non estará o sábado en Vilagarcía, pero grazas á tecnoloxía poderase interpretar o tema cedido por ela para a ocasión.

  • Arosa Bay

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións