Evento: Presentación 'Lobo come Lobo', de Rafael López Vilas

Presentación 'Lobo come Lobo', de Rafael López Vilas
sábado, 8 agosto, 2020 - 20:00
CSA Cambalhota. Camiño do Castelo, 10. Allariz.,
Allariz

Presentación 'Lobo come Lobo', de Rafael López Vilas

Música de Tato López e ntrodución de Carlos da Aira

En 'Lobo come lobo', todas as cartas están repartidas. A vida está fronte a nós, agardando que comece o horario de apertura dos nosos ollos. Os protagonistas somos todos. A realidade é a redactora da crónica que testemuña a derrota da cidadanía a mans da súa propia desidia e debuxa a súa particular fuxida cara adiante, situándoa diante dun espello, onde pódese contemplar o gran espectáculo do mundo camiñando á deriva, mentres o guitarrista da orquestra do Titanic ilumina a escuridade dos tempos difíciles coas melodías que se desgarran da alma de Tato López, ese músico tolo que envolve coa súa guitarra os versos de Rafael López Vilas.

Tras a presentación, que correrá da conta do poeta Carlos da Aira, chegará o recital co aderezo musical da guitarra de Tato López e das súas cancións, quen ao longo de todo o repertorio, encargarase de vestir os versos do Lobo cun crisol de sons, e xuntos crearán un espectáculo poético-musical no que o contido propón furgar sen límites nas miserias sociais e nas contradicións que fan do individuo un individuo peor.

A entrada será libre, e contará con todas as medidas de seguridade do Covid-19.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello