Evento: Vive Nigrán 2020
Vive Nigrán 2020
VIVE NIGRÁN confirma unha edición especial en 2020, o 17 e 18 Julio chega a ?2020 Picnic Club Edition reforzando o seu compromiso coa música en directo
A organización de VIVE NIGRÁN ultima detalles para ofrecer unha nova cita coa diversión e a cultura da música en vivo os próximos 17-18 de xullo. Nesta edición, para garantir ao máximo a seguridade e cumprir os protocolos esixidos polas autoridades sanitarias, VIVE NIGRÁN trasládase do campo de Monte Lourido ao recinto do Club de Tenia de Nigrán (Praia América, para converterse na "2020 Picnic Club Edition"; un formato máis acolledor e exclusivo, tamén a escasos metros da praia.
Fiel ao espírito co que naceu en 2017, con nomes como Anni B Sweet ou o concerto Vibra Mahou con Rufus T. Firefly, o festival aposta por convocar aos seus fieis nunha edición de formato reducido, que pon un granito de area para axudar a reactivar ao sector cultural, que aos poucos tenta incorporarse á ?nova normalidade. En definitiva, súmase a un compromiso que comparte coa crew, públicos e artistas.
Como en anos anteriores, ademais de boa música o festival ofrecerá actividades complementarias para todos os públicos.
Máis eventos de tipo Festival