Evento: Mércores de conto

Mércores de conto
mércores, 8 xullo, 2020 - 11:30
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Mércores de conto

Con Sarabaela Teatro

Este verán, todos os mércores ás 11.30 h, a compañía Sarabela Teatro vai inundar de contos a Biblioteca. Este mércores o conto e a actividade posterior estarán baseados no libro de Andrea Beaty "Ada magnífica científica"

Animádevos a vir a ler os contos, escoitar, rir, aprender e imaxinar. Despois da sesión de contacontos reralizaranse actividades lúdicas que, partindo do libro, dean a coñecer novas dimensións da lectura.

Actividades para nenos e nenas de máis de 6 anos.

É necesaria a inscrición e pode facerse ben presencialmente ou chamando aos teléfonos 988 788385 e 988 788386.

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID 19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Hocus Pocus
2 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Imaxe
Odiseicas: as que tecen a historia
11 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio
Auditorio Municipal Gustavo Freire