Evento: Atardecer no Gaiás 2020: Fon Román

Atardecer no Gaiás 2020: Fon Román
xoves, 9 xullo, 2020 - 21:00
Cidade da Cultura,
Santiago de Compostela

Atardecer no Gaiás 2020: Fon Román

Concerto do ex guitarrista e compositor de Los Piratas.

O ex guitarrista e compositor de Los Piratas volve á escena tras oito anos de pausa para presentar o seu fermoso e persoal álbum en solitario ‘La chispa, la llama y el humo’, onde se amosa a corazón aberto.

‘La chispa, la llama y el humo’ é unha homenaxe á vida nas súas diferentes fases: o inicio (La chispa), o tempo que pasa (la llama)  e o que se extingue (el humo). Tres símbolos que alicerzan un disco minimalista e sobrecolledor no que expón unha ollada nova e serena, arroupada por unha musicalidade na que siguen presentes as súas coidadas guitarras,  mesturadas  incoscientemente con outros ritmos. Toda unha boa nova este regreso imprescindible.

Velaquí unha nova edición de Atardecer no Gaiás! Urxíanos pórlle música aos solpores do verán, aínda que esteamos nun estío diferente. Por iso, o ciclo de concertos de balde ao aire libre da Cidade da Cultura adáptase nesta ocasión ao que 'a nova normalidade' nos esixe; formatos máis pequenos reducindo a capacidade de asistencia para gozar desta experiencia coa seguridade de que se están a cumprir as medidas sanitarias de protección e de distancia social.

 

Máis eventos de tipo Concerto

O rianxeiro
8 de xullo
Auditorio Municipal
Concerto
9 de xullo
San Miguel
Catas sonoras
10 de xullo
Museo do Viño de Galicia