Evento: Experimentos en familia con Naturnova: A contaminación dos océanos

Experimentos en familia con Naturnova: A contaminación dos océanos
venres, 1 maio, 2020 a martes, 30 xuño, 2020
Evento online,
Santiago de Compostela

Experimentos en familia con Naturnova: A contaminación dos océanos

Actividade dentro de Afundación na casa

A auga e o aceite teñen densidades diferentes polo que, estes dous líquidos nunca chegaranse a mezclar. Cando botamos o aceite polo desaugadoiro das nosas casas; ese aceite acabará nas depuradoras xunto coas augas residuais. Cando esas augas non son ben tratadas ese aceite acabará no mar ou nos ríos contaminándoo. Isto ten consecuencias no ecosistema por exemplo a dificultade por que a auga se osixene ou a dificultade do crecemento do fitoplancto xa que non permite a entrada dos raios de sol. Nós desde casa podemos aplicar a regra das tres R’ s co aceite para coidar o medio que nos rodea. Reducir o seu consumo, Reutilizalo facendo xabón ou Reciclándoo nos contedores específicos.

Materiais:

Auga

Aceite 

Colorante alimentario (opcional)

Máis eventos de tipo Obradoiro

Técnicas gráficas para relatar memorias
25 de outubro
Museo do Castro de Viladonga
Xogando a combinar as letras de BIBLIOTECA
25 de outubro
Biblioteca Pública de Ourense
Laboratorio do Retrato Imaxinado
25 de outubro
Museo de Belas Artes
Xogando coas letras - mércores 29
29 de outubro
Biblioteca Pública de Ourense