Evento: Cociñeiras ilustradas: Nuria Díaz - Luriñas de salchichas con pasta

Cociñeiras ilustradas: Nuria Díaz - Luriñas de salchichas con pasta
sábado, 4 xullo, 2020 - 10:00
Evento online
, Santiago de Compostela

Cociñeiras ilustradas: Nuria Díaz - Luriñas de salchichas con pasta

Divertidas receitas animadas para preparar e papar coa cativada

Tirastes proveito destes meses do obrigado #quedanacasa para cociñar pratos cos pequenos  e pequenas da familia? Seguro que si! Por iso, agora podedes xuntos/as dar un chanzo máis na vosa destreza na arte dos fogóns con receitas animadas e sinxelas, e non por iso menos saborosas, para preparar e papar coa cativada, grazas ás nosas Cociñeiras ilustradas! Cada sábado contades cun novo e larpeiro plan de fin de semana que vos vai resultar un xeito divertido de achegarlles aos vosos nenos e nenas a cociña e o coñecemento de alimentos e hábitos saudables, que son moi importantes na súa nutrición e crecemento.

 

NURIA DÍAZ

Vídeo-receita de Luriñas de salchichas con pasta

Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo no 2006. Mestrado en Arte e Comunicación en Santiago de Compostela. Tras rematar os seus estudos traballou no eido do deseño gráfico en distintas empresas. No 2010 gaña o premio de Ilustración Pura e Dora Vázquez da Deputación de Ourense e a partir de aí comeza a traballar no mundo da ilustración, dedicándose sobre todo ao ámbito editorial e publicitario.