Evento: Aula Galicia Aberta: Percusións de man e canto tradicional galego-Clase 5

Aula Galicia Aberta: Percusións de man e canto tradicional galego-Clase 5
venres, 1 maio, 2020 a martes, 30 xuño, 2020
Evento online,
Santiago de Compostela

Aula Galicia Aberta: Percusións de man e canto tradicional galego-Clase 5

Obradoiro organizado co obxectivo de promover a cultura galega na Galicia do exterior.

Co obxectivo de manter a actividade formativa e divulgativa da cultura galega en todo o mundo durante a pandemia do coronavirus, a Secretaría Xeral da Emigración pon en marcha a Aula GaliciaAberta, catro seminarios en liña sobre distintas disciplinas relacionadas co patrimonio inmaterial de Galicia.

Os obradoiros son de carácter público e gratuíto, non precisan inscrición e están dirixidos non só @s alumn@s xa existentes de calquera das materias nas distintas entidades galegas espalladas polo mundo, senón tamén a aquelas persoas que, malia non ter coñecementos previos, queiran achegarse a estas disciplinas.

Cada un dos catro cursos está conformado por dez sesións, que dan comezo do 27 ao 30 de abril e tamén se desenvolverán ao longo dos meses de maio e xuño. As consultas que o alumnado formule serán respondidas ao finalizar a retransmisión a través de Facebook Live.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiros de verán no Museo de Bela Artes
Inspirar para crear
7 de xullo a 28 de agosto
Museo de Belas Artes
Obradoiros de verán
20 de xullo a 24 de xullo
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Na procura dos sentidos
20 de xullo a 23 de xullo
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
As sombras dos contos
20 de xullo a 24 de xullo
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola