Evento: Aula Galicia Aberta: Gaita galega-Clase 2

Aula Galicia Aberta: Gaita galega-Clase 2
venres, 1 maio, 2020 a martes, 30 xuño, 2020
Evento online,
Santiago de Compostela

Aula Galicia Aberta: Gaita galega-Clase 2

Obradoiro de Gaita galega da Aula GaliciaAberta que organiza a Secretaría Xeral da Emigración

Co obxectivo de manter a actividade formativa e divulgativa da cultura galega en todo o mundo durante a pandemia do coronavirus, a Secretaría Xeral da Emigración pon en marcha a Aula GaliciaAberta, catro seminarios en liña sobre distintas disciplinas relacionadas co patrimonio inmaterial de Galicia.

Os obradoiros son de carácter público e gratuíto, non precisan inscrición e están dirixidos non só @s alumn@s xa existentes de calquera das materias nas distintas entidades galegas espalladas polo mundo, senón tamén a aquelas persoas que, malia non ter coñecementos previos, queiran achegarse a estas disciplinas.

Cada un dos catro cursos está conformado por dez sesións, que dan comezo do 27 ao 30 de abril e tamén se desenvolverán ao longo dos meses de maio e xuño. As consultas que o alumnado formule serán respondidas ao finalizar a retransmisión a través de Facebook Live.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Imaxina o teu Nadal
19 de decembro
Biblioteca Pública de Lugo
Christmas stories
19 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Nadalemoji
19 de decembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Campamento de Nadal
22 de decembro a 2 de xaneiro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel