Evento: Prefiro tocarte

Prefiro tocarte
sábado, 23 maio, 2020 - 17:00
Evento online,
Santiago de Compostela

Prefiro tocarte

Gran abrazo virtual acompañado de grandes artistas.

Con motivo da publicación do novo tema de Fran Fernández e Fetén Fetén, ?Prefíroche tocar?, decidiron axudar aos seus amigos da FUNDACIÓN CENTAURO QUIRÓN de Murcia, que están a pasar por uns momentos complicados. A fundación traballa con cabalos rescatados e con eles ofrece terapias a nenos con parálise cerebral e autismo.

Propóñenche un encontro mundial a través da App Zoom.

Tratarase dun momento especial que simbolice un gran #abrazovirtual, un abrazo por todo o mundo en directo que pode ser cos teus familiares, as túas mascotas, creativo se estás só? e dá un abrazo xigante acompañado de grandes artistas e público de todos os lugares do mundo.

Entre varios artistas, estarán na conexión en directo: Gastelo, Marwan, Funambulista, Pedro Guerra, Clara Alvarado, Rozalén, Edgar Oceransky?

Coas imaxes que se obteñan durante o evento realizarase un videoclip de lanzamento para a canción, axudando así a dar visibilidade ao traballo da fundación.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Portada da publicación da Peza do Mes de outubro do Museo Arqueolóxico de Ourense.
Peza do mes: Fotografía do arco neomudéxar en homenaxe ao Padre Feijoo
1 de outubro a 31 de outubro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación de "La Señorita Detective" e "Federico Mediante. O Salgari español"
30 de outubro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Ciclo de conferencias no Museo de Belas Artes da Coruña
A emigración galega en Cuba
30 de setembro a 28 de outubro
Museo de Belas Artes
Lembrando a Mercedes Alsina
21 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola