Evento: Mans á terra: Crea o teu propio xardín

Mans á terra: Crea o teu propio xardín
venres, 1 maio, 2020 a martes, 30 xuño, 2020
Evento online,
Santiago de Compostela

Mans á terra: Crea o teu propio xardín

Taller para aprender a plantar un xardín

Coidar un xardín e observar a natureza é algo que podemos facer todos! Dá igual se vives nunha casa ou nun apartamento; se tes un patio, un balcón ou tan só unha xanela.
Se queres, podes crear un bonito xardín e descubrir como funcionan os organismos deste pequeno ecosistema. Con paciencia e algúns mimos, verás crecer plantas, flores e mesmo herbas e hortalizas que poderás engadir ás túas comidas.
Neste libro atoparás unha chea de ideas e proxectos relacionados coa natureza, fáciles de realizar coas túas propias mans. Podes comezar preparando un jardincito para polinizadores nunha maceta ou quizá prefiras facer bólas de sementes para que broten flores na beirarrúa da túa rúa. Sabes que podes facer que crezan novas plantas a partir de restos de hortalizas? Todos os proxectos que aparecen neste libro están feitos á túa medida, e a maioría poderalos levar a cabo sen a axuda dos adultos.

Plantar un xardín é fácil e divertido. Observa o ecosistema no que vives, escribe un diario para anotar o que ves, seca flores para facer tarxetas de felicitación ou constrúe un hotel de insectos que atraia aos polinizadores.

Preparados, listos... mans á terra!

Máis eventos de tipo Obradoiro

20260615_cartel_cualedro
Obradoiro creativo de gravado e estampación
15 de xuño
CEIP Vicente Risco, Cualedro.
cartel a bica que rica
A bica que rica!
20 de xuño
Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura
Aula didáctica de cultura clásica
22 de xuño a 26 de xuño
Biblioteca Pública de Lugo
Obradoiros de verán
29 de xuño a 3 de xullo
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel