Evento: I Congreso Internacional Teatro Galego

I Congreso Internacional Teatro Galego
mércores, 7 outubro, 2020 a sábado, 10 outubro, 2020
Evento online,
Santiago de Compostela

I Congreso Internacional Teatro Galego

I Congreso Internacional do Teatro Galego, co 2030 no horizonte Experiencia, actualidade e modelos externos; o teatro e os públicos e a creación e os seus procesos.

O Primeiro Congreso Internacional do Teatro Galego nace paralelamente e como un dos seus obxectivos fundamentais coa Academia Galega de Teatro, quen na súa presentación pública no Consello da Cultura Galega o 27 de marzo de 2018, expón e argúe as liñas básicas da súa necesidade e dos seus obxectivos fundamentais, entre os que se atopa o I Congreso Internacional do Teatro Galego.

Xorde esta iniciativa necesaria, tras corenta anos de exercicio profesional, con vocación de pluralidade aberta a todas aquelas experiencias e manifestacións teatrais que lle dan forma ao teatro en Galicia; e polo tanto todos os esforzos se concentraron en procurar os apoios necesarios dun amplo abano de sectores con implicación directa.

Este congreso ten a súa única referencia histórica no Primeiro Encontro do Teatro Profesional celebrado en Ferrol en xuño de 1988 co apoio de diversas persoas e entidades e coa participación dun sector importante da profesión e dos representantes políticos; cuxos resultados, publicados en 1991 polo Ateneo Ferrolán co apoio da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, foron o activador de políticas teatrais que hoxe precisan ser revisadas e renovadas.

Mais a sociedade evoluciona constantemente e a realidade teatral, a social e mais a política cambian co paso do tempo; e por iso, trinta anos despois da celebración daquel primeiro encontro do teatro profesional, consideramos que é necesario revisar profundamente todo aquilo que afecta ao teatro, á sociedade e ás políticas teatrais; para o que dispoñemos a celebración deste Primeiro Congreso Internacional do que, co compromiso de todos, deberá saír o plan estratéxico de futuro para o Teatro Galego.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello