Evento: Coloreando a provincia de Lugo

Coloreando a provincia de Lugo
venres, 1 maio, 2020 a martes, 30 xuño, 2020
Evento online,
Santiago de Compostela

Coloreando a provincia de Lugo

Unha preciosa maneira de descubrir ou redescubrir a provincia de Lugo, á vez que damos renda solta á nosa creatividade.

Un percorrido por esta marabillosa provincia galega en 56 páxinas, con 45 preciosas ilustracións de Paula Maior, e cun mapa que nos servirá para identificar mellor os recunchos e monumentos que recolle o libro: desde a Praia das Catedrais ata a Ribeira Sacra, pasando polas rúas da capital.

Un bonito recordo para levar a casa despois dunha viaxe a Lugo e un precioso agasallo para todos os lucenses.

Paula Maior

Os recordos máis felices da miña infancia están profundamente enlazados con ter un lapis nas miñas mans. Contos, historias, cómics daban paso a un mundo no que mergullarse e soñar. Desde o momento en que descubrín a ilustración non a puiden abandonar; deste xeito a miña profesión dirixiuse inexorablemente cara ao deseño gráfico (maquetación, infografía, deseño téxtil e editorial, publicidade), comezando así unha traxectoria que me permitiu compaxinar o meu labor coa miña paixón.

Traballei en moitos e diferentes ámbitos da ilustración a exploración de novos campos sempre me tentou, con libros infantís, cómics, carteis para organismos oficiais, etc., e teño a gran satisfacción de ser premiada en varias ocasións.

Dar vida a personaxes é algo que despois de tanto tempo segue fascinándome; por iso sempre estou impaciente por empezar novos retos que me fagan crecer como artista.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiros de verán no Museo de Bela Artes
Inspirar para crear
7 de xullo a 28 de agosto
Museo de Belas Artes
cartel_260817_triacastela
Fotoconto
17 de agosto
Praza do Concello
EmbarrArte - Obradoiro de cerámica - 18 de agosto
18 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense
Obradoiro de xogos de mesa - 20 de agosto
20 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense