Evento: Mad Max + Bullet Head
Mad Max + Bullet Head
Desde Münster en Alemaña, chéganos un grupo clásico dos anos 80, a banda de Hard Rock Mad Max, comandados polo guitarrista, cantante e produtor Michael Voss.
Mad Max vén presentarnos o seu novo álbum de estudo chamado ?Thirty 5?, con tres dos seus catro membros orixinais aínda na súa formación. Mad Max é unha banda das delicatesen, esas difíciles de ver en directo, pero que poderemos ver en acción sobre o escenario de Urban Rock Concept nesta nova Xira e despois do éxito de crítica recibido na pasada edición do Galia Metal Fest.
Os Mad Max ofrécennos Hard Heavy de moita calidade e moita experiencia, con temas moi clásicos e coñecidos, que lles deron a coñecer nos anos dourados do Hard Rock e que revivirán xunto a nós.
Bullet Head, grupo sueco formado en 2001. Rock´n´Roll e Heavy Metal danse cita a partes iguais no son da banda, podendo definirse como un híbrido entre Ac/dc e Accept. O amor polos sons duros tradicionais non queda nos oitenta xa que teñen os setenta moi presentes. Ademais dos australianos percíbense influencias de Ritchie Blackmore ou dos Whitesnake máis hardbluesrockers.
Tocaron en grandes festivais como o Muskelrock, o Keep It True, o Headbangers Open Air ou no Sonisphere.
Se discografía componse de catro discos: "Heading for the top" (2006), Bite the bullet" (2008), "Highway pirates" (2011), e "Full Pull" (2012).
Máis eventos de tipo Concerto