Evento: Club das lerchiñas: Bea Campos

Club das lerchiñas: Bea Campos
sábado, 16 maio, 2020 - 10:00
Evento online,
Santiago de Compostela

Club das lerchiñas: Bea Campos

Narración de contos.

Bea Campos é actriz, narradora e directora teatral. Licenciada en arte dramático pola ESAD de Galicia onde recibiu o premio de interpretación Marta Sieiro. Dende moi nova comezou a contar contos, realizou milleiros de actuacións e puido levar os seus contos ata o outro lado do mar, participando como o Festival de Artes Escénicas del Caribe en Colombia.

Actualmente forma parte da compañía Migallas Teatro cos espectáculos “Entre arrolos e contiños” “Contos nas orellas” “Orella Pendella” e “Contos da mesa de noite”. Tamén participa na canle de difusión de literatura infantil Kalandraka TV achegando o mundo do libro a nenos e maiores.

A princesa e o chícharo. Adaptación do conto de Hans Christian Andersen .

Bea atopou unha cestiña e, cando a abriu, descubriu dentro dela unha moza que durmía. Era tan fina, tan emperiquitada e tan rosada que só podía ser unha princesa de conto. Bea coñece “perfectamente” a historia de "A princesa e o chícharo". Pero certo é que ela tende a xogar cos contos, así que preparádevos para escoitar esta nova versión.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Monxa Millo Sentinela
19 de xuño
Salón Teatro
Danza 3 | Xacarandaina
4 de xullo
Campo da festa
Os Rizos de Lía
4 de xullo
Espazo Lorenzo Varela
Danza 3 | O Fiadeiro
4 de xullo
Ermida