Evento: Cora Velasco en concerto

Cora Velasco en concerto
sábado, 11 xullo, 2020 - 22:30
La Fábrica de Chocolate
, Vigo

Cora Velasco en concerto

Xira "Sortilegios"

Telonear a Jorge Drexler en Pontevedra, a súa cidade natal, cámbialle a vida.

Tras varios anos como Cora Sayers, a músico pontevedresa decide dar un xiro á súa carreira, empezando por adoptar o seu nome propio. Publica o seu primeiro álbum en decembro de 2018 baixo o título de"Sortilegios" e preséntao en febreiro do ano seguinte en Disco Grande, xunto a Julio Ruiz. Estas 7 cancións lévana ao Teatro Principal de Pontevedra, a telonear a Luz Casal na Festa do Albariño de Cambados e a festivais como Portamérica, 17ou Ribeira Sacra, Festival da Luz e Solpores do Museo con Joe Crepúsculo.

A finais de agosto estrea o seu novo single, "Ollos novos" (gravado no estudo do Náutico de San Vicente, dentro das Sesións Náuticas) unha vez máis da man de Julio en Disco Grande.

Actualmente atópase preparando unha xira de presentación de "Sortilegios" por salas de Galicia, mentres segue compoñendo con vistas a un novo álbum.

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Vatapá Quinteto en concerto
11 de agosto, 21:00
Praza da Constitución
Áureas
11 de agosto, 23:30
Var con Uve
En Voga
11 de agosto, 23:30
A Ventana
A Alma
13 de agosto, 23:30
A Ventana