Evento: Storytime for kids

Storytime for kids
martes, 17 marzo, 2020 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Storytime for kids

Contos en inglés e castelán

Storytime for Kids é un programa de contos no que Courtney Knight, alumna dos Cursos Internacionais de Español para Estranxeiros da Universidade de Santiago de Compostela, le libros ilustrados en inglés ou en inglés e castelán.

O propósito deste programa é que os nenos e nenas practiquen e desenvolvan habilidades en inglés mentres gozan de divertidas historias e imaxes.​

Na sesión de hoxe cóntanos dous contos:

Simon Liar, de Roberto Aliaga. A historia das desventuras dun rato que minte para faltar a escola.
Oscar the Ostrich, de Rachel Chaundler. Un conto sobre o orgullo, a vanidade, e a axuda dos animais da sabana para unha avestruz nova.

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.

Na sala infantil, entrada libre.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Cabaré Climático
6 de xuño
Teatro da Beneficencia
A forza da queimada
9 de agosto
Carballeira de Caldas de Reis
Biblioteatro (7-10 anos)
4 de outubro a 27 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola