Evento: Festa da Lamprea

Festa da Lamprea
venres, 24 abril, 2026 a domingo, 26 abril, 2026
Varios espazos,
Arbo

Festa da Lamprea

Festa de interese turístico

A lamprea é o peixe máis primitivo, con 400 millóns de anos. A súa apariencia, un corpo cilíndrico sen escamas e unha cor gris e amarela, é distinta á do resto dos peixes. O aspecto do prato coa lamprea cociñada no seu sangue (o xeito máis popular) pode resultar, para os máis delicados, pouco atractivo á vista. Con todo, constitúe un delicioso produto gastronómico do que xa os emperadores romanos daban boa conta.
A lamprea reprodúcese no río, crece no mar e volve ao río. Desde antigo, os pescadores do Miño, na comarca da Paradanta e máis en concreto en Arbo, captúrana grazas a unhas construcións de pedra no medio do río chamadas pesqueiras, todo un símbolo da cultura do río desta zona.
Aproveitando a tempada da lamprea (de xaneiro a abril), esta festa gastronómica celébrase en Arbo desde 1960. Viños do Condado, música de gaitas e da banda municipal acompañan a degustación baixo as carpas instaladas pola organización. E, por suposto, bares e restaurantes da localidade ofrecen ese día lamprea en abundancia.

Destacado: Degustación da lamprea acompañada de viño do Condado.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Reconquista
21 de marzo a 29 de marzo
Varios espazos
Semana Santa do Carballiño
22 de marzo a 5 de abril
Semana Santa de Lugo
25 de marzo a 5 de abril
Lugo