Evento: Entroido dos Xenerais do Ulla

Cancelado
Entroido dos Xenerais do Ulla
luns, 1 febreiro, 2021 a venres, 5 marzo, 2021
Varios espazos
, Santiago de Compostela

Entroido dos Xenerais do Ulla

Entroido dos Xenerais do Ulla,

Trátase dunha celebración orixinal da comarca do Ulla, con referencias documentadas nos anos 70 do século XIX.
Os personaxes máis relevantes desta celebración son os xenerais e os correos dacabalo que van disfrazados con vestimentas militares de época e outros adornos tamén nos cabalos. Acompañados de abanderados, coros e comparsas, percorren as parroquias da zona e representan diversas escenas, coñecidas como atranques ou altos. Estes atranques  consisten nun enfrontamento dialéctico por parellas no que se fai burla de asuntos sociais de actualidade. As diferentes parroquias presentan mesmo singularidades e manteñen os seus trazos definitorios. A espectacularidade deste Entroido tradicional galego logra atraer cada ano a numerosos visitantes á comarca.

Este evento celébrase en distintos lugares como Santiago, Teo, Touro, Vedra, Silleda, Vila de Cruces, Boqueixón, A Estrada...

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa dos Maios en Pontevedra
1 de maio
Plaza de la Herrería
Feria Medieval Sar No Medievo
14 de maio a 16 de maio
Colexiata de Santa María de Sar
Asalto ó Castelo de Vimianzo
1 de xullo a 2 de xullo
Castelo de Vimianzo
Arde Lucus MMXXI
17 de xuño a 20 de xuño
Varios espazos