Evento: Sete días de maio

Sete días de maio
venres, 14 febreiro, 2020 - 19:00
A Casa das Campás,
Vigo

Sete días de maio

Ciclo Entre Tebras

Os amantes do cinema negro da capital pontevedresa poderán celebrar este venres 14 o "día dos namorados" cunha nova sesión do ciclo ‘Entre Tebras’, no que se proxectan diversas obras do xénero de conspiracións.

Esta vez tócalle o turno a ‘Sete días de maio’, do director estadounidense John Frankenheimer. A proxección, que será de acceso gratuíto, dará comezo ás 19.00 na Casa das Campás.

Sete días de maio’ é un thriller polítoco no que asistimos aos complexos entramados de intereses que seguen á firma dun acordo de desarme nuclear entre os Estados Unidos e a Unión Soviética. En plena guerra fría, a boa fe do presidente non é acollida co mesmo entusiasmo no senado nin nas ramas do exército, entre os que persiste unha sospeita sobre os soviéticos. 

A cinta conta cun reparto cheo de estrelas de iconas do Hollywood clásico, con Burt Lancaster, Ava Gardner e o recentemente falecido Kirk Douglas.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Ciclo 'Cidades pastorais'
24 de xaneiro
Filmoteca de Galicia
Ciclo 'Cidades pastorais'
24 de xaneiro
Filmoteca de Galicia
Sleepless Nights
27 de xaneiro
Filmoteca de Galicia
Las cosas que decimos, las cosas que hacemos
27 de xaneiro
Filmoteca de Galicia