Evento: The Homeless
The Homeless
The Homeless é unha banda de rock&roll pola vella, unidos polo pracer de reinterpretar, con enorme respecto, en cada un dos seus concertos, parte da historia do rock contemporáneo, desde os seus inicios ata a actualidade.
Chuck Berry, Elvis Presley, Little Richard, The Beatles, The Animals, The Rolling Stones, Creedence Clearwater Revival, Queen, The Kinks, The Who? entre outros moitos, conforman a banda sonora dun setlist intenso e altamente recomendable.
Bernardo Viqueira (guitarra), Bernardo Pita (guitarra), Luís López (baixo), Juan Sánchez (batería) e Fernando Blanco (voz) iniciaron a súa viaxe musical no verán de 2015, e desde entón non pararon de dar concertos por toda a xeografía galega. Ademais, formaron parte do cartel da 1ª edición do ROCKogida Festival.
Cada concerto de The Homeless supón un flashback emocional; un retrato sonoro dun tempo musical revolucionario; unha constatación de que o rock segue vivo e cunha pléyade de seguidores incondicionais.
Máis eventos de tipo Concerto