Evento: Romaría de San Lázaro – Festa da Uña
Romaría de San Lázaro – Festa da Uña
Do 24 ao 27 de marzo de 2023
Barrio de San Lázaro
Coincidindo co Quinto Domingo de Coresma, tamén chamado 'Domingo de Lázaro' ou 'Domingo de Paixón', que dá paso á Semana Santa co Domingo de Ramos, o compostelán Barrio de San Lázaro celebra durante catro xornadas unha das súas festas relixiosas e gastronómicas máis tradicionais, a 'Festa da Uña'.
A festa inclúe cada ano diversos oficios relixiosos en honra a San Lázaro e a tradicional romaría na que se celebra a gran poxa de pezuñas e outras pezas de porco ofrecidas ao santo.
Centenares de veciños reúnense cada ano durante eses días nos restaurantes de todo o barrio, situado no Camiño Francés, para degustar o tradicional prato da 'Festa da Uña': uñas de porco con bertóns de col (servidas habitualmente con chourizo e patacas) e gozar dunha das celebracións máis antigas da cidade.
PROGRAMA FESTIVO
Venres 24 de marzo
16:45. Roteiro comentado por San Lázaro (organiza a Asociación Cultural O Galo)
Sábado 25 marzo
8:00-13:00. Pasarrúas Os Enxebres de San Lázaro11:00. Charanga Fanfurria Furruxa14:00. Sesión vermú con Mar de Arousa22:00. Verbena con Mar de Arousa + Orquestra Fórmula
Domingo 26 marzo
Día de Foliada, na honra dos músicos Bartolo, Pascual e Antonio "o Petelo"8:00-13:00. Pasarrúas Os Enxebres de San Lázaro11:00-15:00. Sesión vermú coa Charanga BB+12:30. Procesión e misa solemne18:00. D Ningures + Banda das Crechas + Jorge Menéndez Cuartet
Luns 27 marzo
11:30. TRADICIONAL POXA DAS UÑAS13:00. Actuación da Banda Municipal de Música23:00. Verbena coa Orquestra París de Noia
ONDE COMER AS UÑAS DE SAN LÁZARO
BARRIO DE SAN LÁZARO:
CARPA DA PRAZA DA IGREXA - Pulpería GuerraSó o domingo
A CASA DA VIÑARúa de San Lázaro, 54. T: 981 58 64 59Venres e sábado, 13:30 a 15:30 e 21:00 a 23:30Domingo e luns, 13:30 a 15:30Menú: Uñas, bertóns, patacas e chourizo
A GRELLARúa do Vintecinco de Xullo, 35. T: 981 58 02 66Venres, sábado, domingo e luns, 13:30 a 16:00 e 20:30 a 00:00Menú: Uñas con patacas, bertóns e chourizo
A TABERNA DE SAN LÁZARORúa de San Lázaro, 96. T: 881 940 385Menú: Uñas, bertóns, patacas e chourizoDOÑA ANARúa de San Lázaro, 85. T: 981 93 53 44 - 698 10 85 69Venres, sábado e luns, 12:30 a 17:00 e 20:30 a 00:00Domingo, 12:30 a 17:00Menú: Uña con codillo, chourizo, pataca e bertónsDOÑA JULIARúa de San Lázaro, 92. T: 981 67 06 39Sábado, domingo e lunsLA BODEGUILLA DE SAN LÁZARORúa de San Lázaro, 104. T: 981 56 66 07Venres, sábado, domingo e luns, 13:00 a 16:00 e 20:00 a 23:00Menú: Ración de uñas con bertóns, patacas e chourizosLA FINCARúa de San Lázaro, 103. T: 981 58 03 61 – 629 88 55 38Sábado e luns: 13:00 a 16:00 e 20:00 a 23:00Venres: só *por encargo*Menú: Uña de porco, chourizo, patacas e bertónsMESÓN DE LÁZARORúa de San Lázaro, 73. T: 981 57 65 25MOL BARRúa de San Lázaro, 102. T: 655 09 83 36O AFIADORRúa do Valiño, 2. T: 981 57 37 89Venres, sábado, domingo e lunsO MUIÑEIRORúa da Muíña, 2. T: 881 03 12 11Venres, sábado, domingo e lunsMenú: Uñas, bertóns, patacas, chourizoO TANGUEIROPonte de San Lázaro, 10. T: 644 64 92 07Domingo e luns, 13:00 a 17:00 e 20:00 a 23:30Menú: Uñas, bertóns, patacas, chourizoPEDRA SANTACosta de San Marcos, 18. T: 981 55 74 15Venres, sábado, luns e martes, 13:00 a 16:00 e 21:00 a 23:00Menú: Uñas, bertóns, patacas e chourizosSAN LÁZARORúa do Valiño, 1. T: 981 58 43 44Menú: Uñas con patacas, bertóns e chourizoOUTROS BARRIOS:SUSOSCosta de San Marcos, 22. T: 672 70 55 51Venres, 13:00 a 16:00 e 20:30 a 23:00Sábado e luns, 13:00 a 16,30 e 20:00 a 23:30Menú: Uña con codillo, bertóns, patacas e chourizoO LABRADORCosta de San Marcos, 38. T: 981 58 08 07Sábado e luns, 13:00 a 16:00 e 20:30 a 00:00Menú: Ración de uñas con bertóns, patacas e chourizosNEGREIRAAvenida de San Marcos 4. T: 881 03 18 91Menú: Uñas con patacas, bertóns e chourizoA CALZADARúa de San Marcos, 52. T: 981 57 14 33Venres, sábado, domingo e luns, 13:00 a 16:00 e 20:0 a 23:00Menú *por encargo*: Uñas, chourizo, pataca, bertóns/grelos TABERNA DA FEIRASalgueiriños, 24. T: 981 93 84 00Venres, sábado, domingo e luns, 12:30 a 16:00 e 20:00 a 00:00Menú: Ración de uñas de San Lázaro (uña, chourizo, bertóns e patacas)DON QUIJOTERúa das Galeras, 20. T: 981 58 68 59Venres, sábado, domingo e luns, 12:00 a 16:00 e 20:00 a 23.30Menú: Uña, codillo, bertóns, chourizo e patacasO BO XANTARRúa Torreira, 18. T: 981 94 30 78Venres, sábado, domingo e luns, 13:00 a 16:00 e 21:00 a 23:30Menú: Ración de uñas con chourizo, bertónsA NAVE DE VIDÁNAvenida da Mestra Victoria Míguez, 44. T: 616 99 60 76Sábado, 13:00 a 16:00 e 21:00 a 00:00Domingo e luns, 13:00 a 16:30 e 20:00 a 22:30Menú: Uñas, bertóns, pataca e chourizoRUTA JACOBEALavacolla, 41. T: 981 88 82 11Venres, sábado, domingo e luns, 13:00 a 17:00 e 20:00 a 00:00Menú: Uñas de San Lázaro con bertónsULTREIALugar de Noval, 45. T: 981 89 70 79Venres, sábado, domingo e luns, 13:00 a 16:00 e 20:00 a 00:00Menú: Uñas de San LázaroPAZ NOGUEIRARúa do Castiñeiriño, 14. T: 981 59 14 36Menú: Uñas de San Lázaro
REDESRúa dos Bautizados, 7. T: 620 91 43 46Venres, sábado, domingoMenú: Uñas de San Lázaro, bertóns, pataca, chourizo
SABUGUEIRARúa Noval, 10 Lavacolla. T: 981 897 344/ 674 644 141Sábado, domingo, luns (xantar e cea)Menú: Uñas de San Lázaro, bertóns, patacas e chourizo
(NOTA: Información recompilada por Turismo de Santiago coa colaboración da Asociación Gastronómica Cultural “Orde da Uña”. Se o teu bar/restaurante debería aparecer no listado, por favor contacta con marketing@santiagoturismo.com)
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular



