Evento: Give up tomorrow (Ríndete mañana)

Give up tomorrow (Ríndete mañana)
xoves, 13 febreiro, 2020 a sábado, 15 febreiro, 2020
Cines Fórum Metropolitano,
A Coruña

Give up tomorrow (Ríndete mañana)

Documental

Ríndete mañana é un documental que expón de maneira fascinante un kafkiano mundo de corrupción e inxustiza. Cando Paco Larrañaga, un mozo de 19 anos, é acusado dun brutal asasinato, todo o sistema xudicial de Filipinas ponse en dúbida. Este suposto crime, cuxa única proba é a desaparición de dúas mozas novas, incrimina a un home inocente e enfronta a dúas nais afligidas que personifican as profundas diferenzas entre as dúas familias e, por extensión, de todo o país. En 2007 a presión popular da cidadanía española logrou o traslado de Paco Larrañaga a un cárcere español desde Filipinas. Aínda en 2012, Paco segue no cárcere por un delito que nunca cometeu.

 

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Crónicas turcas
4 de novembro
Filmoteca de Galicia
Las cosas indefinidas
4 de novembro
Filmoteca de Galicia
La casa del bosque caps 1 e 2
5 de novembro
Filmoteca de Galicia
A Contraarmada
5 de novembro
Filmoteca de Galicia