Evento: Schumann Amateur

Schumann Amateur
domingo, 23 febreiro, 2020 - 21:00
Teatro Ensalle,
Vigo

Schumann Amateur

Concerto de música clásica

Un tipo que toca o piano obsesionado con Clara Schumann, pianista e compositora nada fai douscentos anos. Unha actriz que baila e apenas fala.
Unha violinista e unha chelista que se xuntan para montar un trío. Un iluminador que se toma unhas vacacións da mediocridade coa que se enfronta a diario.
O terceiro episodio de AMATEUR, despois dos dedicados a Orlando Gibbons e ás Variacións Goldberg, ?cuestiona as xerarquías e as convencións do mundo da cultura, a arte e o traballo en relación coa súa construción pública.
A través dunha práctica que se expón abertamente entre a creación artística e a necesidade vital, entre a cultura e o goce, abre un territorio de reflexión, percepción e intercambios que responde antes a un impulso persoal e compartido, algo potencialmente ao alcance de calquera, que a unha moda artística ou corrente cultural imposta?.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Hocus Pocus
2 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Imaxe
Odiseicas: as que tecen a historia
11 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Mitos, lendas e cantigas. Homenaxe a Begoña Caamaño
15 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés