Evento: Monólogo de El Pelao en Vigo

Monólogo de El Pelao en Vigo
venres, 31 xaneiro, 2020 - 23:30
Sports Bar Castelo Real,
Vigo

Monólogo de El Pelao en Vigo

Os calvos teñen humor suficiente para regalar

Monólogo de El Pelao este mesmo venres 31 de xaneiro no Sports Bar Castelo Real. Este humorista, residente habitual de La Chocita del Loro de Madrid, presentaranos o seu monólogo estrela 'Historias de una calva'.

Fernando Rodríguez, coñecido artisticamente como ‘El Pelao’, natural de Leganés, leva máis de cinco anos dedicado ao mundo da stand-up comedy. El mesmo recoñece que desde pequeno lle gustaba ser o bufón da clase. Sempre fixo rir á súa contorna coas súas dementes ocorrencias. É admirador de humoristas como Gila, Martes y 13, Simón Cabido e Eugenio. O seu nome artístico procede, como ben se pode apreciar, da súa notoria calvicie. Por iso Fernando vén a Vigo para demostrarnos que os calvos teñen humor suficiente para regalar.

 

 

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

A falsa autónoma
12 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Caderno de cores e cancións
22 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cartel Monólogo Padre de Familia
PADRE DE FAMILIA. COSAS DE CASA
22 de novembro
TEATRO COMPOSTELA (ANTIGO LA SALLE)
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés