Evento: Xogo de pistas 'Prehistorix'

  • PAAR CAMPO LAMEIRO | XOGO DE PISTAS 'PREHISTORIX'
sábado, 15 febreiro, 2020 - 11:00
Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro
, Campo Lameiro

Xogo de pistas 'Prehistorix'

Actividade enfocada ao público familiar para os sábados e domingos de febreiro e marzo de 2020

O sábado 1 de febreiro inaugúrase no Parque Arqueolóxico da Arte Ruprestre (PAAR) Campo Lameiro a actividade “PREHISTORIX. Convértete en expertx en petróglifos”, enfocada ao público familiar e que se desenvolverá os sábados e domingos de febreiro e marzo de 2020. 

Os asistentes achegarnase ao mundo da arte rupestre e da prehistoria mediante a participación nun xogo de pistas que require dunha pequena preparación. Polo tanto, a idea de PREHISTORIX consiste en realizar dúas actividades previas (visitas ao museo e taller arqueolóxico adaptado as idades dos nenos e neas) ao desenvolvemento posterior dun xogo de pistas pola Área Arqueolóxica.

Aquelas familias que realicen satisfactoriamente esta actividade recibirán o carné de expertx en petróglifos. Esta actividade ten un prezo de 5 euros por persoa e require de reserva coa no correo reservas@paar.es ou no teléfono 886 151 195. Comeza ás 11:00 horas e ten un tempo estimado de duración de dúas horas e media.

É obrigado facer esta actividade en grupo e seguindo os camiños principais do PAAR para garantir a seguridade dos participantes.

Outras datas

Máis eventos de tipo Outras actividades

Pista de xeo en Area Central
15 de novembro a 1 de marzo
Praza de Europa
Laboratorio de innovación narrativa para ciberactivistas
4 de febreiro a 18 de febreiro
Centro Sociocultural Ágora
Curso de Filosofía
Filosofía: unha crítica radical do senso común
12 de febreiro a 28 de maio
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola