Evento: Talleres para familias 2020 'Próxima parada Arxentina'

  • TALLERES PARA FAMILIAS_PAISAXES FUTURAS. MARIKO MORI. @Mariko Mori
luns, 3 febreiro, 2020 a domingo, 16 febreiro, 2020
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
, Santiago de Compostela

Talleres para familias 2020 'Próxima parada Arxentina'

Actividade dirixida a familias con nenos e nenas de entre 4 e 9 anos

O 2020 comeza cunha nova edición de Talleres para familias no CGAC. A actividade está dirixida a familias con nenos e nenas de entre 4 e 9 anos que queiran descubrir o amplo universo da arte contemporánea ou profundar no seu coñecemento.

Continuaremos a viaxe polo mundo indagando sobre diferentes culturas e xeitos de facer. Nesta ocasión pulsaremos o botón de parada na Arxentina, onde baixaremos para explorar o traballo de cinco artistas cuxas miradas, intereses e recursos artísticos nos darán pistas para experimentar e crear xogando co espazo, a percepción e as cores, a proporción, a distorsión, a ambientación e a ilusión sensorial.

 

 

PROGRAMA:

Combinacións. Julio Le Parc

Sábado 18 de xaneiro. Familias con nenos e nenas de 4 a 6 anos

Domingo 19 de xaneiro. Familias con nenos e nenas de 7 a 9 anos

Prazo de inscrición: do 7 ao 17 de xaneiro

Artista pioneiro da arte cinética no ámbito mundial, Julio Le Parc experimenta con diferentes materiais desde un punto de vista lúdico e participativo. Seguindo as pegadas do artista, traballaremos con transparencias, luces e relacións cromáticas para introducirnos no mundo das ilusións e a percepción visual.

 

FEBREIRO

A escena! Marta Minujin

Sábado 15 de febreiro. Familias con nenos e nenas de 4 a 6 anos

Domingo 16 de febreiro. Familias con nenos e nenas de 7 a 9 anos

Prazo de inscrición: do 3 ao 14 de febreiro

Coñecida polas súas obras coloridas e reivindicativas, Marta Minujin xoga coas normas para rompelas dándolles unha volta ás convencións sociais e trata de buscar novos espazos para a arte e a vida. Inspirándonos nas súas pinturas e instalacións de estilo pop, crearemos refuxios habitables e cheos de cor onde poderemos experimentar co corpo, a luz, a pintura e a creación de novos ambientes.

 

MARZO

Un día +. Liliana Porter

Sábado 14 de marzo. Familias con nenos e nenas de 4 a 6 anos

Domingo 15 de marzo. Familias con nenos e nenas de 7 a 9 anos

Prazo de inscrición: do 2 ao 13 de marzo

A mirada de Liliana Porter detense no cotián, xoga a crear pequenos universos con figuriñas e obxectos atopados. Nos seus traballos a realidade mestúrase coa ficción dando lugar a escenarios poéticos e teatrais. Nesta sesión partiremos de microelementos, os nosos propios xoguetes serán os protagonistas de novas aventuras, experimentaremos coas nocións de pequena e grande escala e recrearemos diferentes situacións e espazos a partir de pezas de maquetas.

 

ABRIL

Non todo é o que parece. Leandro Erlich

Sábado 18 de abril. Familias con nenos e nenas de 4 a 6 anos

Domingo 19 de abril. Familias con nenos e nenas de 7 a 9 anos

Prazo de inscrición: do 6 ao 17 de abril

Leandro Erlich xoga coas ilusións, busca desafiar a nosa percepción a partir de imaxes sorprendentes e sen lóxica aparente. A partir desa dualidade entre o real e a súa representación, redactaremos mensaxes ocultas, descubriremos a maxia dos espellos e crearemos pequenos mundos con materiais e técnicas non convencionais.

 

MAIO

Con cobertura. Marina de Caro

Sábado 23 de maio. Familias con nenos e nenas de 4 a 6 anos

Domingo 24 de maio. Familias con nenos e nenas de 7 a 9 anos

Prazo de inscrición: do 11 ao 22 de maio

Reflexionar sobre a expresión corporal, a cor e o deseño constitúe o principal interese de Marina de Caro. Traballando co debuxo, a instalación e a performance, a artista emprega a tea como principal recurso creativo e ofrece diferentes posibilidades de uso do material. Nesta sesión experimentaremos co noso corpo a través da música, confeccionaremos esculturas e personaxes con roupa vella e crearemos diferentes ambientes téxtiles.

 

DOCENTE
Sara Donoso
é doutora en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e graduada en Belas Artes na Facultade de Pontevedra (UVigo). Conta con experiencia pedagóxica adquirida en diferentes colexios e institucións nos que desenvolveu actividades de mediación e educación artística. Actualmente compaxina o seu traballo como coordinadora na Fundación RAC de Pontevedra coas súas colaboracións no eido da crítica de arte, o comisariado, a educación e a xestión cultural.

 

INSCRICIÓN 
Os talleres son gratuítos e para participar é necesario enviar, dentro dos prazos establecidos para cada un deles, unha mensaxe por correo electrónico a cgac.educacion@xunta.gal e indicar o título da actividade na que desexan inscribirse, os nomes dos participantes, as súas idades, un teléfono de contacto e un enderezo electrónico.

Só serán admitidas as solicitudes daquelas persoas que teñan a idade sinalada para cada un dos talleres. As prazas cubriranse por orde de inscrición. Cada solicitante recibirá unha mensaxe electrónica de confirmación.

 

PRAZAS
10 nenos/nenas, acompañados cada un por un máximo de dous familiares en cada taller.

 

 

 

Outras datas

Máis eventos de tipo Obradoiro

II Kino Galicia
Kino Galicia 2020, II Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes
10 de febreiro a 18 de febreiro
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiro no Museo Liste de Vigo sobre o Entroido
Entroido: Madamas e Galáns na outra banda da ría
18 de febreiro a 28 de febreiro
Museo Liste Vigo
Imaxe dos obradoiros de creación
Obradoiros de Creación
21 de febreiro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
TalleresExperimentaisArquitecturaContemporanea20192020
Taller experimental de arquitectura contemporánea MIES É +
22 de febreiro a 23 de febreiro
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)