Evento: Mostra 'Don Ricardo de Fingoi' en Lugo

  • Exposición Don Ricardo de Fingoi (Carballo Calero en Lugo)
mércores, 15 xaneiro, 2020 a martes, 21 xaneiro, 2020
Colexio Fingoi
, Lugo

Mostra 'Don Ricardo de Fingoi' en Lugo

É o autor das Letras Galegas 2020

A mostra 'Don Ricardo de Fingoi' (Carballo Calero en Lugo), que conmemora os 15 anos nos que o autor a quen a Real Academia Galega (RAG) lle dedicará o vindeiro 17 de maio residiu na cidade da Muralla para exercer como profesor e conselleiro delegado daquel centro educativo. Foi creada polo Colectivo Egeria co patrocinio da Xunta de Galicia, no marco da programación conmemorativa das Letras Galegas 2020. A exposición estará no Fingoi ata o vindeiro 21 de xaneiro e despois, poderá verse desde o 22 na Delegación Territorial da Xunta nesta provincia.

A exposición 'Don Ricardo de Fingoi', elaborada polo Colectivo Egeria para dar conta da presenza en Lugo de Ricardo Carballo Calero entre 1950 en 1965, conta co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a colaboración da RAG e do Colexio Fingoi. Consta de trece paneis que percorren a relación do autor das Letras Galegas 2020 coa cidade da Muralla, acompañados de sinaladores de lectura e dun folleto que recolle os mesmos contidos dos paneis. Estes poden verse tamén desde no web www.carballocaleroenlugo.org e nos vindeiros meses estarán dispoñibles en formato libro.

 

 

Outras datas

Máis eventos de tipo Exposición