Evento: Taller de arquitectura para público infantil “Bruno Zevi. A linguaxe da arquitectura moderna”

  • CGAC | Taller de arquitectura para público infantil “Bruno Zevi. A linguaxe da arquitectura moderna”
Taller de arquitectura para público infantil “Bruno Zevi. A linguaxe da arquitectura moderna”
sábado, 25 xaneiro, 2020 a domingo, 26 xaneiro, 2020
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela

Taller de arquitectura para público infantil “Bruno Zevi. A linguaxe da arquitectura moderna”

Será na fin de semana do 25 e 26 de xaneiro para rapaces de 6 a 11 anos

O CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) organiza a quinta edicion do ciclo de “Talleres experimentais de arquitectura contemporánea MIÉS É+” dirixido ao público infantil. O terceiro obradoiro do programa estará dedicado ao arquitecto e crítico de arte italiano, Bruno Zevi.

Os escritos de Zevi, mestre da interpretación e da análise da linguaxe arquitectónica, servirán de conexión entre Estados Unidos e Europa. A través das súas invariantes da arquitectura moderna creará as bases para unha nova arquitectura onde moitos autores atoparán un faro guía dos novos tempos.

 

DATAS:

  • Sábado, 25 de xaneiro para nenos e nenas de 6 a 8 anos.
  • Domingo, 26 de xaneiro para nenos e nenas de 9 a 11 anos.

 

HORARIO:  11:00-13:00 h

 

MATRÍCULA: de balde previa inscrición

 

INSCRICIÓN: 
Do 13 ao 24 de xaneiro en cgac.educacion@xunta.gal indicando o nome completo e idade dos participantes, número de teléfono e enderezo electrónico.

 

 

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiro de inciación á Historia da Arte
Obradoiro de introducción á Historia da Arte
10 de setembro a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
“Estudar é + doado se sabes COMO” (1ª Sesión)
18 de setembro
Biblioteca Pública de Lugo
Minilibretas motivacionais
Libretas Motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Minilibretas motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola