Evento: Carabela

Carabela
venres, 30 outubro, 2020 - 20:00
Casa da cultura Ramón Martínez López
, Boiro
Galeatro Producións Escénicas

Elenco: Alba Martínez e Tone Fernández

Carabela, cociñeira dun barco, naufraga na Illa Pequena de Plástico. Está soa, rodeada de peixes mutantes que lle advirten que son tóxicos, de paxaros que non paran de queixarse por ter comido substancias sintéticas e de verteduras que non alimentan. Para aliviar a tristeza, Carabela constrúe unha nena de plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena. O corazón a pilas da Nena de Plástico comeza a latexar con forza para coñecer o que hai máis alá dos peixes mutantes e dos paxaros choromicas e, sobre todo, para axudar a Carabela a saír da illa antes de que morra de fame.

 

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Medida por medida de Shakespeare
4 de decembro, 20:00
Teatro Principal
Puta realidade
4 de decembro, 20:30
Teatro Jofre
Bernarda
4 de decembro, 20:45
Auditorio do Centro cívico cultural
As virxes salvaxes
4 de decembro, 21:00
Teatro Lauro Olmo