Evento: Falar por falar

xoves, 28 maio, 2020 - 20:30
Teatro Principal de Santiago de Compostela
, Santiago de Compostela

Falar por falar

De Volta é Dalle Teatro

Todo indica que o futuro da lingua galega é incerto. Malia os niveis de protección legal do idioma, e case dous séculos de rexurdimento civil e literario, o descenso de falantes é evidente, con grande incidencia nas novas xeracións de galegas e galegos. Pero alén e aquén das análises socio-lingüísticas, a lingua segue viva e reclama o seu lugar natural nas nosas vidas. Atravesada por conflitos de longa data e certamente mareada polos avatares da política, a lingua espera sempre por nós nalgún punto do camiño. Moita xente mamouna no berce, outra demorou en romper a falala, e hai quen nunca a falou nin nunca a falará. Por iso Falar por Falar proponnos un achegamento á realidade da lingua, desde a propia vivencia dos falantes e os non falantes.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Carlos Blanco
5 de xuño
Auditorio Municipal
Berto Romero "Mucha tontería"
5 de xuño
Teatro Afundación
Berto Romero "Mucha tontería"
6 de xuño
Teatro Afundación Vigo
Desmontando a Séneca
19 de xuño
Sede Afundación de Pontevedra