Evento: Belén tradicional en San Fiz de Solovio

xoves, 5 decembro, 2019 a domingo, 5 xaneiro, 2020
Igrexa de San Fiz
, Santiago de Compostela

Belén tradicional en San Fiz de Solovio

Máis de 200 figuras de arxila e lenzo pintado, todos feitos a man, conforman este nacemento que inclúe diferentes escenas, partes en movemento, río con auga corrente e iluminación. Todo isto recreado en ciclos de 4 minutos, nos que o paso do día á noite é simulado grazas a cambios de iluminación e movemento de varias pezas.

A igrexa de San Fiz, fundamental na historia fundacional de Santiago de Compostela, normalmente está pechada ao público, polo que a exposición do belén ofrecerá unha oportunidade inmellorable para visitala.

Belén cedido e montado por José Uzal, coa colaboración do Colexio Maior de San Agustín e do Arcebispado de Santiago de Compostela.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Feira do Butelo da Fonsagrada
15 de febreiro a 16 de febreiro
Varios espacios
Entroido de Laza
20 de febreiro a 25 de febreiro
Varios espazos
Feira do Entroido de Nadela
24 de febreiro
Lugar de Nadela
Belén electrónico de Begonte
2 de decembro a 27 de xaneiro
Begonte (San Pedro)