Evento: Ciclo de música clásica con audiciones comentadas 2019-2020

Ciclo de música clásica con audiciones comentadas 2019-2020
xoves, 31 outubro, 2019 a xoves, 18 xuño, 2020
Sede Afundación ,
Ourense

Ciclo de música clásica con audiciones comentadas 2019-2020

Un percorrido pola música clásica a través de tres grandes unidades temáticas

Unha viaxe pola historia da música clásica a través de tres grandes unidades temáticas:  

1. As fontes de inspiración musical. Escoitamos, analizamos e coñecemos os motivos que inspiraron aos compositores no seu traballo creativo. A literatura, as paixóns humanas, a natureza, a mitoloxía ou a vida do compositor representan algunhas das musas que serviron de inspiración para infinidade de páxinas musicais.

2. Grandes traballos de música clásica. Estudamos e escoitamos, desde o punto de vista programático, estético, histórico e musical, algunhas das pezas máis importantes da historia da música. Un xeito diferente de achegarse ás pezas fundamentais para aumentar a emoción na súa audición.

3. A ópera: fonte inesgotable de pracer. Analizamos musicalmente cada ópera, as voces e coñecemos as claves internas e a contextualización histórica de cada peza para obter un maior disfrute na súa audición.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Xornada sobre a paisaxe no tempo no Castro de Viladonga
Relatos sobre a paisaxe no tempo
30 de abril
Museo do Castro de Viladonga
Toponimízate 2026
9 de maio
Escola do Campo de Combarro
Toponimízate 2026
15 de maio
Escolas Vellas