Evento: Aló Django Cuarteto

Aló Django Cuarteto
xoves, 19 decembro, 2019 - 21:00
Casa das Crechas,
Santiago de Compostela

Aló Django Cuarteto

Divertido concerto inspirado na música de jazz e na dos xitanos manouche

Aló Django é un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos manouche centroeuropeos: o chamado gypsy swing, un estilo, lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é o mítico guitarrista Django Reinhardt.

Ademais Aló Django é un show divertido máis alá do estritamente musical, coa a interactuación cómica co público, enfiando así música con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall, deonde veñen parte do seus integrantes.

Esta programación forma parte da Rede galega de música ao vivo e pode sufrir modificacións. Máis informacións nas salas correspondentes.

Máis eventos de tipo Concerto

Cimarrón
15 de agosto
Porto
Mekanika Rolling Band
15 de agosto
Alameda
Exeria
15 de agosto
Praza do Camiño
A gran sementeira
15 de agosto
Rúas do concello