Evento: Cabrita. Work (always) in progress

venres, 15 novembro, 2019 a domingo, 2 febreiro, 2020
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
, Santiago de Compostela

Cabrita. Work (always) in progress

O sentido da obra de Cabrita Reis, implícito no título da mostra, é o resultado da súa particular mirada, nunha permanente reflexión plástica e filosófica. Cabrita practica un modo de pensamento que se atopa entr...

O sentido da obra de Cabrita Reis, implícito no título da mostra, é o resultado da súa particular mirada, nunha permanente reflexión plástica e filosófica. Cabrita practica un modo de pensamento que se atopa entre as premisas ontolóxicas e as formulacións empíricas, relacionado con aquilo que non resulta tan evidente e que alude á existencia, ao substancial da natureza do ser.
A base do seu traballo sitúase na reflexión antropolóxica sobre o comportamento social a través do espazo e do tempo. Pero, lonxe da perspectiva científica da análise sociolóxica, o método de Cabrita baséase na capacidade de concibir o mundo de maneira simbólica. Para iso utiliza unha engrenaxe conceptual ligada ás ideas filosóficas de transitoriedade, existencia e memoria, reflexionando sobre o esencial desde a evidencia da finitude da vida.
+info